Material do programa "Donas de si"

Recibimos do centro un envío de material procedente da Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade; Consellería de Emprego e Igualdade) co que poderemos apoiar o traballo de docentes e alumnado en prol da igualdade e a visibilización do traballo das mulleres ao longo da historia, a súa contribución ás distintas áreas curriculares e á consecución da sociedade que hoxe gozamos.

Podes velo todo con máis detalle na seguinte animación, non deixes de visitar a BiblioEpa e coller todo o que necesites para facer deste curso unha verdadeira experiencia coeducativa, inclusiva e feminista que nos transforme.










Comentarios