11 de FEBREIRO Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A nosa compañeira Sandra recomendounos este xogo de cartas que decidimos imprimir en galego e plastificar (grazas Belén!). Women in science que presenta a 44 científicas de disciplinas variadas. A baralla é unha idea de Anouk Charles e Benoît Fries e está composta por 52 cartas debuxadas polo artista Francis Collie. Xogando con esta singular baralla, pódese aprender sobre as achegas destas mulleres, algunhas delas moi pouco coñecidas. Ademais, este xogo pretende ofrecer modelos tanto a mozas como a mozos, para que se animen a estudar carreiras de ciencias.

O xogo está á vosa disposición na vitrina de libros coeducativos da planta baixa, animádevos a gamificar a vosa aula con elas. 

Mais descargas AQUÍ 

Así quedou o xogo:




Comentarios