31 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANS

Desde o Departamento de Orientación fannos chegar a información da Asociación Arelas no que se nos envían materiais para a formación, concienciación e sensibilización de todo o que queda por facer para reducir a vulnerabilidade das persoas trans, máis nomeadamente, das crianzas e mozos. Podedes acceder ao material AQUÍ.

O 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans, dedicado á sensibilización en contra da discriminación cara ás persoas trans en todo o mundo.

Seguimos atopando que os prexuízos e tópicos seguen interiorizados pola sociedade, sen cuestionarse o absurdo dos mesmos. Mesmo seguimos atopando a persoas que cuestionan a propia existencia ou o dereito para existir das persoas trans.

E é que aínda que a sociedade está cada vez máis sensibilizada, grazas ao traballo no eido educativo, queda pendente ese imaxinario colectivo da non correlación entre corporalidades e identidades. Así mesmo atopámonos cunha gran confusión entre termos completamente independentes como son a expresión de xénero, a orientación e a identidade sexual. O papel que xogamos as familias neste labor de visibilizar e sensibilizar é importante, o crear unha sociedade segura para as nosas crianzas, traballando desde as súas contornas máis próximas e loitando pola igualdade de oportunidades. Por un futuro vivible.



Comentarios