ENCONTROS CON AUTORES: LAURA NOVELLE

 A BiblioEPA, invítanos a ler e a escoitar  unha muller excepcional: Laura Novelle. En dúas sesións o día 7 de marzo, pola mañá ás 11 no noso centro EPAPU de Ourense e pola tarde ás 17:00 no Salón de Actos do Proxecto Home. Licenciada en Historia e cun posgrao en Xestión documental pola Universidade Jaume I, investigadora, docente nos diversos campus da Universidade de Vigo, bibliotecaria, escritora...Nin a súa diversidade funcional nin a súa condición de muller foron un obstáculo para conseguir as súas metas. Podes saber máis dela lendo o seu blog "Docendo Discitur" e por suposto acudindo a escoitala. 



Comentarios