BLANCO AMOR, ESE EPENTE...UNHA WEBQUEST

Blanco Amor, ourensano, escritor, fotógrafo, periodista, locutor de radio, emigrante, activista social, defensor de Galicia, polémico, apaixoado, comprometido, poeta, gay... Gay, homosexual, cando esa palabra era innombrable e se substituía por outras que tivo que soportar toda a súa vida, que el mesmo substituía por outras que lles daban unidade, forza e destino. A Blanco Amor igual lle faltou acabar nunha cuneta e non só, nun taxi, chegando ao hospital en Vigo para que a súa figura fose reivindicada sen vergoña e coa forza que merece. 

O día 17 de maio, ademais do día grande das nosas letras é o día en contra da LGTBIfobia, nesta data EDL da Epapu de Ourense e os departamentos de Filosofía e Lingua Galega queren homenaxear a Eduardo Blanco Amor cunha web quest que percorre a súa vida e obra, facendo fincapé en aspectos pouco tratados, vitais e biográficos que promoven o recoñecemento emocional e a vinculación co noso alumnado. Como di Eduardo Blanco Amor 2.0 @esmorgueiro: "Que o Día das Letras Galegas coincida co día contra a LGTBIfobia non pode ser só unha casualidade"

Podes acceder á Web Quest AQUI



Comentarios