Wahida Shankar UNHA AUTÉNTICA DONA DE SI

Onte tivemos a inmensa fortuna de poder escoitar a persoas que viven nas súas carnes a inxustiza e a crueldade. Son protagonistas dunha desas guerras que vemos a través da televisión ou das redes sociais e que as veces a nosa mente e o noso corazón asumen coma se só fora ficción. A guerra en Afganistan, a loita diaria de mulleres e homes contra os talibáns, contra a barbarie encarnada en seres humanos, as veces énos tan afastada que pode parecer ficción. Onte, grazas ao profesorado de Español para estranxeiros e o seu alumnado recibimos un auténtico baño de realidade. 


Afganistan segue aí, a guerra e a inxustiza ábrense camiño en contra da nosa Civilización. En Afganistan estámonos xogando, aínda que non nolo pareza, o noso modo de vida. Non podemos olvidar a mulleres e homes que loitan por eles e elas, polas súas familias e tamén por nós.





Comentarios