Se non te atreves a vir ao centro coa bata, podes ser un pouco menos osado/a e levar o seguinte dorsal, acompañado da presentación que tes en DRIVE e á que podes acceder desde AQUÍ podedes traballar na aula aspectos relacionados coa igualdade, feminismo, dereitos conquistados...a partir dun caso sorprendente.
Kathrine Switzer disputou a maratón de Boston co dorsal 261, foi catalogada como a primeira muller, inscrita con dorsal, en correr e finalizar unha maratón. Un dos comisarios da proba Jack Semple intentou empuxala para que abandonase a competición. Os compañeiros que rodeaban a Switzer, e especialmente o seu noivo, lograron defendela para que esta chegase á meta en pouco máis de 4 horas. Posteriormente, a alemá gañou a maratón de Nova York en 1974 e quedou segunda na maratón de Boston de 1975, cunha marca de 2 horas e 51 minutos.
Pola súa iniciativa, polo seu tesón e pola súa integridade, a figura de Kathrine Switzer converteuse desde entón en todo un referente do deporte feminino. A escena que protagonizó Kathrine Switzer fai máis de cincuenta anos posúe un alto valor simbólico, pero principalmente abriu unha brecha que hoxe é importante seguir profundando. Sempre vén ben non esquecer as imaxes destas mulleres que, por un motivo ou por outro, arriscaron a súa integridade, neste caso a súa carreira deportiva, en favor duns principios que hoxe se comparten de forma xeneralizada. Grazas aos intrépidos pasos de Switzer e doutras moitas mulleres (políticas, científicas ou empresarias) hoxe podemos falar de igualdade con maior peso e cargados de referentes, malia que queda traballo por diante. (Extraído e traducido de https://solasean.com/blog/el-dorsal-261/ )
Comentarios
Publicar un comentario